O posible e o imposible entrelázanse nesta colección de contos de Enid Blyton.
De aventuras de animais a historias da escola, pasando por feitizos de bruxas e angueiras domésticas, hai contos para todos os gustos!
A inglesa Enid Blyton (1897-1968) foi unha das autoras máis prolíficas da literatura infantil do século XX, con máis de setecentas obras que se traduciron a cerca de cen linguas. As súas historias, cheas de aventuras, misterios e valores como a amizade e a xustiza, seguen chegando ó corazón dos pícaros de todo o mundo.
____
Editorial: Sushi book 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 138
INFANTIL A PARTIR DE 8 ANOS