Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

CÓNTOCHO CON PALABRAS

€16,00
ISBN 978410219762

Chámome Tano porque o meu pai é de Bueu e a miña nai de D-Town, Pennsylvania. Como a miña nai elixiu onde ían vivir, ó meu pai quedoulle o consolo de poñernos a min e ós meus irmáns Xaquín e Aloia uns nomes que temos que soletrear unhas dez veces cada día.
Como vedes, eu falo galego. O galego é fácil, aínda que non coñezo todas as palabras. Se estamos en Bueu e non sei como dicir algo, o meu pai axúdame e xa está.
Ás veces nin el sabe, e entón non me queda outra que deixalas en inglés.

No meu libro explico todo iso e conto como é o meu día a día: os meus homies, os vídeos.

  • As relacións cos seus amigos (homies).
  • Os vídeos que consume e a música que escoita.
  • A súa afección pola pesca e os videoxogos.
  • Os seus plans de futuro e os negocios que idealiza coa súa mente emprendedora.

Caetano Otero (Doylestown, EUA 2012) é estudante e pescador afeccionado. Entre os seus numerosos intereses destacan os videoxogos, a comedia, o té matcha, a música e case calquera forma de estar rodeado de amigos e facer festa.

Anxo Otero (Barcelona, 1978) é de Bueu. De novo, xogou moito ó balonmán e probou todos os deportes que puido. A afección por ler apareceulle ó mesmo tempo e con maior discreción, pero nunca deixou de medrar. Agora reside nos EUA, onde traballa de profesor nun centro de ensino público.

____

Editorial: Sushi book  05-2026
Idioma: Galego
Páxina: 120
XUVENIL +14 ANOS
BUEU
ADOLESCENTES
AMIZADE
ESCOLA
FAMILIA
RELATOS