Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CONEXIÓN TUBINGA

€17,00
ISBN 9788497829038
Finalista do Premio Xerais de Novela, 2008   Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.

O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego