Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CONCERTO EN ESTILO ANTIGO. PARA VIOLIN E ORQUESTRA DE CORDAS

por VV AA.
€35,00
ISBN 9790801231833

CD+LIBRO

O «Concerto en estilo antigo para violín y orquesta de cuerda» foi composto en París en 1924. Estréao o propio autor acompañado da súa esposa «en versión de violín e piano» o 31 de marzo de 1925 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña baixo o título «Concerto de intrata», que logo interpretou tamén no teatro Tamberlick de Vigo. Trátase dun concerto en tres movementos para violín e orquestra de cordas, inspirado nos concertos barrocos italianos das escolas boloñesa e veneciana.

Neste ano 2011, no que se rememora o quincuaxésimo aniversario do falecemento de Manuel Quiroga e o centenario da concesión do Primeiro Premio de Violín do Conservatorio de París, desexamos que se recupere a excelsa figura do violinista galego máis importante do século XX: virtuoso entre os máis célebres de Europa e América, considerado polos franceses como un artista seu e herdeiro incuestionable de Pablo Sarasate.


 

___

Editorial: Ouvirmos 08-2011