Agnès Desarthe explica con humor a súa tortuosa relación coa lectura e como se resistiu a ela durante a infancia e a adolescencia, ata que, xa en plena universidade, deu co libro axeitado. Hoxe, a palabra escrita ou lida é o seu medio de vida.
Agnès Desarthe (París, 1966), filla de emigrantes xudeus, escribiu máis de trinta libros infantís e xuvenís, dez novelas para público adulto e dous ensaios: un sobre Virginia Woolf, xunto a Geneviève Brisac, e este Como aprendín a ler, sobre a súa relación coa lectura. A súa segunda novela, Un secret sans importance, obtivo o Premio Livre Inter en 1996. Combina a escrita coa tradución de obras de Lois Lowry, Anne Fine, Cynthia Ozick e Virginia Woolf.
____
Editorial: Rinoceronte
Idioma: Galego