Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

COCIÑA VEXETARIANA. AS RECEITAS DO CABALIÑO DO DEMO

€15,80
ISBN 9788497821131
"Cociña vexetariana (As receitas do Cabaliño do Demo)" é un libro que ofrece outra maneira de entender a alimentación e a comida, unha proposta onde os vexetais teñen todo o protagonismo sen renunciar a unha dieta rica e equilibrada. As receitas reunidas neste volume non van dirixidas só ao público vexetariano, xa que pretenden axudar a todas aquelas persoas que queren explorar o mundo da alimentación, con todos os seus sabores e texturas, en base a utilización produtos locais e frescos.

Apostando polos produtos locais e frescos, Miguel Burros, cociñeiro e propietario do sonado restaurante O Cabaliño do Demo, en Santiago de Compostela, escribiu un libro baseado na súa reputada experiencia gastronómica, persoal e familiar.En Cociña vexetariana reprodúcense numerosas receitas para primeiros pratos, segundos pratos, salsas, masas e sobremesas. Todo un mostrario de posibilidades que van desde as ensaladas (de pementos asados, grega, de xudías e tomate, de peras e mandarinas, de arroz...), os tomates verdes fritidos, as croquetas de millo, a empanada vexetal ou os aliños, aos guisos de delicias de cogumelos, o pastel de bulgur, as lentellas, o guisado de fabas, a lasaña, o enfornado de espinacas, a coliflor con espaguetes, gumbo de hortalizas, Yemsir W'et, Mole, Ratatui, ás salsas de tomate, curri, tain, crema inglesa, bechamel... e, por suposto, ás tortas de chocolate, améndoas e café, o flan de queixo, a crema de limón, biscoitiños de morangos, tiramisú ao xeito Xoán, torta de noces, torta de leite callado e froita...

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego