Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuña, o corpo caera dende o alto da igrexa. O estraño caso será investigado polo escéptico comisario Salorio, que arrastra unha vida privada abondo complicada.
Nunha cidade de forte carácter histórico e dirixida polas institucións que, no fondo, lle dan vida, Salorio verase obrigado a investigar tamén a unha parte importante da igrexa tras a desaparición do Codex Calixtino, a alfaia do patrimonio artístico da catedral. Chovida do ceo retrata de forma exquisita e divertida a Compostela do noso tempo. Neste novo caso do compostelán inspector Salorio, Alfredo Conde ofrece unha inesquecible novela do mellor xénero negro, tinguida de humor, sarcasmo e unha doce melancolía.

____