Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O CASTELÁN DE COUCY E A DAMA DE FAYEL

por JAKEMÉS
€16,00
ISBN 9788492866946
O castelán de Coucy e a dama de Fayel é unha novela medieval francesa, escrita en picardo, que pertence ao grupo de linguas d’oïl, a finais do s. XIII ou comezos do XIV, por un poeta que agochou o seu nome en versos acrósticos ao final da obra (Jakemés).

Trátase dun texto narrativo que tivo un enorme prestixio na literatura medieval posterior, posto que recolle e amplifica unha das lendas que máis éxito tiveron na Idade Media, cun tráxico final, na que a dama come o corazón do seu amante, o que converte a esta parella na máis turbadora e infortunada da literatura europea. Este motivo aparece recollido nunha serie de autores ao longo de toda a tradición europea, como Dante, Boccaccio, Sade, Walter Scott ou mesmo Stendhal. O seu autor fai do amor o obxecto central da composición e o principio estético da súa obra, dentro dun estilo sobrio e fluído, claro e harmonioso. Esta harmonía entre poesía e vida permite que a súa obra sexa recollida no ámbito da lenda e colocada, xa no século XIII, xunto as obras máis coñecidas da literatura provenzal.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego