Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CARTOGRAFÍAS DA NARRATIVA GALEGA CONTEMPORÁNEA

€16,70
ISBN 9788491514688
O thriller xacobeo, a novela policial e a narcoficción son os casos singulares a partir dos que Xaquín Núñez Sabarís efectúa un percorrido pola cartografía da narrativa galega actual. PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2019

Xaquín Núñez Sabarís efectúa un percorrido pola cartografía da narrativa galega actual. Expresados a través da literatura, as artes escénicas, o cinema e a televisión, e con localización específica en Compostela, Vigo e as Rías Baixas. Tres casos e tres escenarios nos que se enfoca o método trasmedial e cartográfico adoptado, co que se facilita a análise da transformación dunha cultura. O eixo temporal, que broslaba o relato da nación, trasládase ao espacial, fragmentado o espazo simbólico da representación en unidades maís atomizadas. A cidade actual recolle, en esencia, o legado da tradición narrativa para redeseñar a organización xeoliteraria da Galicia contemporánea. Núñez Sabarís, Xaquín é profesor titular da Universidade do Minho e membro do Centro de Estudos Humanísticos desta universidade e do Grupo de Investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade de investigación, divulgada en libros e revistas científicas internacionais, céntrase nas novas narrativas (literarias e fílmicas), no estudo comparado da recepción teatral e montaxes escénicas nas literaturas ibéricas eno estudo e edición da obra de Valle-Inclán.  

____

Editorial: Galaxia 06-0020
Idioma: Galego