Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA

€29,95
ISBN 9788484877332

ANÁLISES, EPISTALARIO E ENTREVISTAS.

Nesta obra, Héitor Picallo Fontes debuxa un retrato exhaustivo de Xosé Lois García, unha figura fundamental da cultura galeguista contemporánea. A súa carreira representa unha transformación extraordinaria: de humilde campesiño a traballador sindical, de activista clandestino a intelectual comprometido. Esta "cartografía ideolóxica" mapea as coordenadas dun pensamento que fusiona o nacionalismo galeguista, o marxismo e o internacionalismo anticolonial cunha coherencia admirable.

A análise abrangue a vasta obra literaria de García, o seu activismo político clandestino e o seu papel como ponte cultural entre Galiza e o mundo luso. Desde a fundación de organizacións como IDGA (Irmadade Democrática Galega) ata o seu traballo como antólogo da literatura africana en lingua portuguesa, García emerxe como paradigma do intelectual que transforma a cultura en resistencia. O lema da súa vida —"crear é resistir"— desprégase en cada páxina como unha filosofía de vida e un compromiso inquebrantable.

Baseada en entrevistas inéditas, correspondencia persoal e unha exhaustiva análise documental, esta obra constitúese como unha referencia indispensable para comprender o nacionalismo e os movementos de liberación galeguistas contemporáneos. Un estudo rigoroso que ilumina non só a traxectoria dunha figura singular, senón tamén toda unha era de loita pola identidade, a lingua e a soberanía. O mapeo dunha consciencia que nunca se rendeu.

Xosé Lois García, naceu en Lugo o 22 de abril de 1945. Criado na parroquia de Merlán (Chantada). Aos vinte anos pasou a vivir a Barcelona, traballando como operario metalúrxico na empresa Seat. Despedido desta empresa durante catro anos por problemas políticos e sindicais, sendo amnistiado político e readmitido en 1977. Estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas de Barcelona que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universitat de Barcelona, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Profesor. Foi o fundador é director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu de la Barca (Barcelona) e responsábel de Patrimonio Histórico e Cultural. Desenvolveu diferentes labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó Historia y Vida e nos xornais: Avui Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!Anto SaudadeColóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo GalegoGalicia HoxeA Nosa Terra e Sermos Galiza. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Como poeta ten publicado trinta libros. Recoñecido na lusofonía como especialista da literatura de expresión portuguesa en África, Asia e o Brasil, destacado divulgador da lusofonía, antólogo e tradutor. A súa obra compóñena máis de cen libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos (1997). Galardoado co Pedrón de Honra (2008). Nomeado Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca (2009). Conta con varios premios como o de Creación Literaria do Ministerio de Cultura (1992). I premio de teatro MOME Varela Buxán de Teatro (2012). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Héitor Picallo Fuentes (Vila do Baño – Cuntis, 1974) é enxeñeiro técnico naval pola UDC. Alén de ilustrar libros, combina o seu oficio coa a investigación, sendo obras súas: Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego (2008); Coa lingua na terra (2013), Cuntis na época romana (2016); No medievo, castañas e castiñeiros como recursos económicos (2018); As letras galegas en caricatura (2020); O escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional e A onomástica nacida da terra (2021). A elas súmanselle varios títulos infantís e outros de coautoría. Traballos seus ven a luz en Adra, Compostellanum, Conimbriga, Murguía, El Museo de Pontevedra, Raigame, Tapa, A Trabe de Ouro... Conta cos premios de xornalismo Máximo Sar (2005) e Reimóndez Portela (2012). É padroeiro tanto do Museo do Pobo Galego como da Fundación Antonio Fraguas e, no eido das artes plásticas, ten exposto en diversas institucións museográficas galegas.

____

Editorial: Laiovento 07-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 480
ENSAIO