Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CAPITÁN LENTELLA. AVENTURA A TODO GAS

€12,95
ISBN 9788411100441

Dende o planeta Lentellón, Lalo e Rufino, dous valentes viaxeiros espaciais, queren dar a volta ao universo. A súa primeira parada é a Terra, onde atoparán aventuras, amigos e unha malvada mosca que está a facer das súas agochada baixo a superficie. Como poderán vencela? Parece que o único xeito é espertando o gran poder que todo lentellón leva dentro.

Jorge Campos naceu en Ourense en 1982 e criouse entre a caloriña das Burgas e a maxia da Ribeira Sacra. Estudou arquitectura na Coruña e, nun xiro maxistral da vida, volveu á súa cidade natal, onde estudou ilustración na escola de arte Antonio Faílde. Converteuse entón en «ilustratecto». Tras gañar varios certames de banda deseñada, en 2017 publicou a súa primeira obra, «Alter·nativo», que obtivo o premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego. Tamén é autor e coautor das bandas deseñadas «Unha mestra en apuros» (I, II e III), «O destino de Kameko» e «As aventuras de Vani: Montaña» e os títulos «Capitán Lentella. Aventura a todo gas» (Xerais, 2022) e «Capitán Lentella. Unha nova chuvia de estrelas» (Xerais, 2024). Outras obras destacadas súas son «A vida diaria dos romanos», «Un día de festa en... Allariz» e o «Atlas da Galicia pequeniña». Se te atopas con el pola rúa, é moi probable que o vexas sorrindo. Podes seguilo nas redes sociais, na súa conta @ilustratecto.

____

Editorial: Xerais 2022
Idioma: Galego