Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CANTOS DO MAR

€29,00
ISBN 9788419040435

Houbo un tempo en que todo xiraba ao redor do mar. O transporte de persoas e mercadorías dependía fundamentalmente dos barcos que funcionaban coa forza dunha comunidade de brazos unidos nun só corazón. Naquel tempo a música converteuse en algo máis ca lecer; era un diapasón que acompañaba e sincronizaba. Os cantos do mar transformáronse no latexo ao unísono de centos de homes embarcados que vivían con dureza lonxe das persoas que amaban, queimados polo sol e bañados polo sal. Este libro recolle unha compilación das principais toadas mariñeiras que soaban nos navíos que cruzaron océanos dende o século XVI. Achegarse ás súas letras e melodías é viaxar cara atrás no arrolo das ondas. Un anaco de nostalxia pero tamén de presente, pois no fondo seguimos a ser nautas nun espazo infindo cheo de estrelas.

Bosco Gil de Gárate (Madrid, 1980) e Susana Rodríguez Barcia (Vigo, 1977) son un músico e unha lingüista que investigan dende 2018 as orixes na tradición anglosaxoa da lírica do rock e o pop. Ademais de compositor e multinstrumentista nas bandas Family Folks e Lorre, Bosco é tradutor e poeta. Susana é profesora na Universidade de Vigo, onde estuda a relación entre discurso, ideoloxía e sociedade.  Ambos comparten a paixón pola música e a literatura.

Editorial Morgante: 10-2024

Idioma: Galego

Páxinas: 356

____

Editorial: Morgante 10- 2024

Idioma: Galego