Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CANTOS DE CEGO DA GALIZA E PORTUGAL

€11,95
ISBN

Cantos de cego de Galiza e Portugal é un espectáculo sobre este personaxe singular na cultura universal e o seu repertorio musical a ambas beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos,… relatos que, coma os ceguiños e ceguiñas, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas desde a Idade Media até case os nosos días.

César Prata e Ariel Ninas son os dous músicos de ambos países que recrean con variada instrumentación estas cancións. Fundamentalmente con voz, zanfona e guitarra, mais tamén con concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas. A partes iguais melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou gravadas directamente a informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, A Fonsagrada, Viseu… Estas cancións foron gravadas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo: “Cantos de cego da Galiza e Portugal”

Ariel Ninas e César Prata 2016 16 cancións, 58 minutos 51 segundos

Na feira
Desgarrada
O coveiro de Pinzio
O conde cego
Rosalina
Tres Casamentos
Florinda vem à Janela
Romance de santa Helena
Casório Divertido
Tema de Harmónio
Sonhp de Amores
Historia de manuel do Campo
Carta da mae para a filla

Adeus María da Graça
Crimeem Compostela
o caso da Cancela

 

* UB.1