Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

CANTIGUEIRO POPULAR DA LIMIA BAIXA (CON CD)

€20,00
ISBN 9788496011830

A Limia Baixa costituie unha rexión natural perfectamente definida. Situada no SW da provincia de Ourense, comprende as terras que teñen por lindeiros a fronteira portuguesa polo Leste e polo Sul, e Ponte Liñares polo Norde e os montes de Baltar polo Nacente, abranguendo esí o curso meio do rio Limia e o val do rio Salas que se artella coil.
Non embargantes, dentro de esta unidade xeográfica atópanse unha chea de variantes e matices en moi-tos aspectos da vida das súas xentes, variantes que se manifestan decote nalgúns intres do vivir popular e que podemos ollar nas nosas cantigas, non somentes pola localización de algunhas en canto aos seus temas, senón tamén polo léisico.
Pese ao seu relativo isolamento, as terras alleas infruiron no idioma, especialmente Portugal, creando certas variantes que os indíxenas perciben e describen decindo que en Entrimo e Lovios din cenén, en Lobeira cenéi e na Fraga ceéi. Polo demáis, no noso Cantigueiro atópanse vacilacións debidas a estas in-fruenzas ollándose alguén e alguien, el e il, ceo e ceu, mañá e mañán, figueches e fixeches, sea e sexa, soma e sombra, segredo e secreto, estades e estandes, iste e este, etc.
As nosas cantigas van transcritas tal e como nolas deron, anque temos que faguer constar que non todas foron recolleitadas polo Autor.
Algunhas delas foron xa pubricadas por Fernández Alonso na "Biblioteca de Tradiciones Populares
Españolas", tomo vi; outras pubricóunas Saco y Arce en varios núms. do "Boletín de la Comisión de Monumentos de Ourense"; finalmente, as do alto val do Salas apareceron, en gran parte, en "Vila de Calvos de Randín", de Florentino Cuevillas e o A. Non embargantes, moitas das que se atopan nas pubricacións anteditas foron recolleitadas de novo por nós. Niste caso, a trascrición é a que ouvimos persoalmente.
Moitos son os nomes que de direito debían ir ao comenzo de iste Cantigueiro, tantos coma os que axu-daron de un xeito ou de outro á súa recollida, mais non pode ser; tería que faguer unha longa lista e aínda serían moitos os esquecidos.
De todos xeitos, hai algúns que non poden fallar.

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Foi o primeiro fillo do escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez, ourensán, e de Joaquina Fernández Barcia, de Vigo. Cómpre lembra-la presenza e influencia do seu único irmán, Xurxo, tres anos máis novo ca Xaquín, quen colaborou con el en numerosas ocasións ata morrer prematuramente o 2 de abril de 1934, vítima dunha septicemia, con 24 anos de idade. Ramón Otero Pedrayo dixo de Xurxo que "de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración".

A morte do pai a finais de 1923 obrigou a que a nai tivese que marchar á Arxentina, a solucionar certos problemas coa herdanza familiar, polo que os irmáns foron vivir coa avoa paterna en Facós, Lobeira, no caso de Xocas, e coa familia do avó materno, en Vigo, no do seu irmán Xurxo.
Os dous irmáns, Xaquín e Xurxo Lorenzo Fernández, en 1912.
Entre 1917 e 1923 estudou a educación primaria e o bacharelato na súa cidade natal, no que hoxe é o Instituto Posío, e onde máis tarde el mesmo sería profesor, tendo como mestre a Ramón Otero Pedrayo, quen tomara posesión da cátedra de Xeografía e Historia nese instituto en 1921.Ó residir longas tempadas, especialmente os veráns, na casa da avoa materna en Facós, entra en contacto coa cultura rural e comprende a necesidade do seu estudo e promoción.

Desde moi cedo comezou a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo amizade con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo e, con 18 anos (1926), ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala guerra civil, Xocas colaborou intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participou nas campañas que este organizou, ademais doutros traballos de investigación propios. En 1932 foi nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en 1934, conselleiro permanente do Seminario.

Canto á súa actividade política nesa época, lémbrese a súa participación na Irmandade Galeguista de Ourense, no Partido Nazonalista Repubricán e no Partido Galeguista do 36, así como a súa intervención activa no nacemento do frustrado Estatuto de Autonomía.

_____

ÍNDICE XERAL
CANTIGAS
COMPOSICIÓNS
DESAFÍOS
PARRAFEOS
ORACIÓNS
ROMANCES
BIBLIOGRAFÍA
ÍNDICE TOPONÍMICO
XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ: «O CANTIGUEIRO POPULAR»

____

Editorial: DEPUTACIÓN DE OURENSE  2019
Idioma: Galego
Páxinas: 232
TAPA DURA
MÚSICA TRADICIONAL