Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

CANCIONEIRO POPULAR DO CONCELLO DE ROIS

€20,00
ISBN 9791399119251
Aproveitando que a Real Academia Galega tivo o feliz acordo de dedicarlle o “Día das Letras Galegas 2025” a estas mulleres anónimas, homenaxe personificado en varias, mais para recoñecemento das de toda Galicia e da extraordinaria importancia da poesía popular oral, coidei que era o tempo oportuno para dar a coñecer unha pequena parte do labor das do concello de Rois, das que agora unicamente quedan as que eran mociñas hai 65 anos, que algunhas aínda se atreven a imitar o que facían as devanceira.

LIMIAR.
O TERRITORIO, A XENTE E AS CANTIGAS
- O concello de Rois.
- O cancioneiro do concello de Rois .
- As foliadas ou as xuntas .
- As fías .
- As mallas e as esfollas.
- As cantareiras e as cantigas.
-As cantareiras e pandeireteiras..
- As cantigas, coplas ou cantareas = cantarelas.
- Outras composicións .
- Presente e futuro do cancioneiro popular de Rois
A LINGUA DAS CANTIGAS DE ROIS
- O galego das cantigas..
- O castelán das cantigas..
- Métrica e estilo das cantigas.
CANCIONEIRO POPULAR DO CONCELLO DE ROIS.... 
- Normas de edición.
- Cantigas de catro versos
- Cantigas de tres versos (triádes) ..
- Cantigas en castelán: I. De catro versos. II. De tres versos... 
ROMANCES, PARRAFEOS, ORACIÓNS, CANTAREAS PARA XOGAR
- Romances e parrateos.
- Oracións.
- Cantareas para empezar a xogar ou durante o xogo
- Varia.
O LUMEPÁN OU ALUMAR O PAN
BIBLIOGRAFÍA.

Clodio González Péréz
Cenile, Ourense, 1947. Mestre, historiador e etnógrafo.
Académico correspondente da Real Academia Galega, membro do padroado do Museo do Pobo Galego,...
Premio nacional de prensa do certame "Artesanía, tradiciones y costumbres de España" do Ministerio de Cultura, en 1984, 1985, 1986 e 1987, e de investigación da Deputación de Pontevedra en 1987 e 1992, e da Deputación de Ourense en 2008... Algunhas publi-cacións relacionadas co concello de Rois: Cancioneiro popular, 1985; "Aproximación ó 'ciclo de Maio' en Galicia: Alumear o pan ou Danzas do pan", 1988;
"Os cruceiros de capela: Concello de Rois", 1989; O concello de Rois: Historia, economía e arte, 1990; "A sociedade de instrución 'Santa María de Urdilde y sus contornos', da Habana"
' 1996; "Os nomes da folla do piñeiro no concello de Rois", 2001...

Nesta edición do Cancioneiro popular do concello de Rois, colaboraron: Noa Campos Codesido, Milagres das Neves Romero Susavila e Xabier Campos Villar (equipo editor), e Inmaculada Seage Freire e Anayansi Singh Expósito (equipo revisor e corrector).
O autor agradece a súa inestimable axuda.

____

Editorial: Toxosoutos  12/2025
Idioma: Galego
Páxinas: 290
MÚSICA
MÚSICA TRADICIONAL
MULLER GALEGA