Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CANCIONEIRO GALEGO SERODIO (1989-2012) (CON CD)

€25,00
ISBN 9788409690848

Despois de catro décadas de ollada e atención ás músicas e líricas dun pobo, este cancioneiro é una pequena pinga no tempo, sen lugar a dúbida. Chamámoslle “serodio” xa que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste que nos toca transitar, mais non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes aos que non se lles tiña prestado atención, por difícil que poida parecer. Como ben sabemos, o corpus do cancioneiro dun país cantor e lírico por excelencia coma o noso, viaxou na memoria de miles de mulleres, xeración tras xeración ao longo do tempo, sen que poidamos atrevernos a datar o momento iniciático de tan fabulosa viaxe.

Este é un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Xorde, por unha parte, da viaxe dun mozo de vinte anos que comenza a facer traballos de campo como ese amador, folclorista, curioso e afeccionado polo noso folclore que aínda segue a ser. Ademais, tamén contribúe a revalorizar a música e baile que dura ata os nosos días.

A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foron realizadas ao longo de trinta anos de camiño, vén adornada de anécdotas, sorpresas, e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro, dándolle una dimensión próxima á experiencia que vivín en primeira persoa.

Estou feliz de poder compartir con vós esta viaxe pola terra as mil muiñeiras.

____

Editorial: XABIER DÍAZ  03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 139
MÚSICA TRADICIONAL