Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CANCIÓN DE SOLPOR

€15,50
ISBN 9788494842108

Canción de solpor é un deses textos que teñen marcado xeracións na súa lingua orixinal e que as Irmás Cartoné estamos certas de que pode facelo tamén na nosa lingua. Escollida en 2005 como a mellor obra da literatura escocesa, esta espléndida novela publicada por Lewis Grassic Gibbon en 1932 ofrécenos un apaixonante canto de amor á terra e un cru relato dun mundo e dunha forma de vida que esmorecen.



Centrándose en Chris Guthrie, unha moza que, ante a disxuntiva entre a dura vida labrega no rural escocés e o mundo atraente pero remoto dos libros e a educación,  escolle permanecer na súa comunidade, Grassic Gibbon mergulla o lector nun magnífico relato do convulso paso dunha era á seguinte. Pois, nun tempo no que a mecanización comeza a mudar o traballo do campo, a irrupción da Primeira Guerra Mundial sacode a vida de Chris e da súa comunidade mudándoo todo para sempre.
Lewis Grassic Gibbon é o pseudónimo de James Leslie Mitchell, escritor nado en Aberdeenshire en 1901. Criouse nunha comunidade agrícola no condado dos Mearns, na costa noroeste de Escocia. Mal estudante, traballou como xornalista en Aberdeen e Glasgow, onde tomou conciencia da dureza da vida urbana. Un breve paso polo exército permitiulle viaxar por Exipto e Oriente Medio, ampliando os seus intereses e inspirando parte da súa obra.   Entre 1930 e 1934 escribiu once novelas, entre as que destacou Canción de solpor, a mellor considerada pola crítica e moi querida polo público escocés, que en 2005 a votou como a mellor obra da súa literatura. Morreu en 1935.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego