Esta obra empezou a publicarse no semanario Tintín a partir do 30 de marzo do ano 1950, dezanove anos antes da chegada do home á lúa. Non se trata de ciencia ficción senón dunha anticipación tan precisa como lle foi posible. Hergé entrou en contacto co doutor Bernard Heuvelmans, autor do libro L’ homme parmis lles étoiles (O home entre as estrelas), especialista no tema, que colaborou co equipo. Realizouse unha maqueta extraordinaria do foguete, que foi sometida á aprobación de Ananolf, autor do libro A astronáutica. Era enteiramente desmontable e permitíalle en todo momento ao mozo Bob de Moor, responsable principal dos decorados, saber en que lugar da nave espacial atopábanse os personaxes.
Hergé ten a graza de dar un ton humorístico a todas as escenas de explicacións científicas que poderían aburrir ao lector. Así, cando Wolf e Tornasol explican elementos mais ou menos complicados, alí está o capitán Haddock para facer saltar o sorriso coas súas réplicas.
____
Editorial: ZephyrumedicionesIdioma: Gallego