Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CALLAICI PRINCIPES. OS SOBERANOS DA GALIZA CASTREXA

€18,00
ISBN 9788498123630|9788495950789
Destaca o seu rigor e claridade expositiva. “A investigación amosa unha profunda e rigorosa análise da institución de principes na Callaici da Antigüidade, cun amplo marco comparativo no eido xeográfico europeo. É singularmente meritoria dadas as dificultades da interpretación social do rexistro material de época castrexa"

A obra céntrase nunha das primeiras institucións documentadas en Galicia, o principatus, mencionada en lápidas de época romana moi temperá. Conta o autor que se trata, tendo en conta os resultados acadados na investigación, dunha xefatura rural que tiñan as tribos galaicas antes da conquista romana. “As súas orixes poden recuarse canda menos ata a Idade do Bronce, cando ocorre o influxo indoeuropeo que estaría detrás do fondo cultural profundo desta institución. Despois da conquista romana sobrevive durante varios séculos, como demostran as lápidas, ata desaparecer durante a municipalización, con posibles reaparicións posteriores”  

____

Editorial: Deputación da Coruña
Idioma: Gallego