Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

BRUXAS E DRAGÓNS 1: BABA LAGÁ

€18,95
ISBN 9791387501426

LIBRO XOGO.

Un libro que non só se le… tamén se xoga!

Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.

Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.

Ledicia Costas

É unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega.
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2015

Nacín unha tarde de setembro de 1979. De pequena, o que máis me gustaba era ler, arrincar os cables das bonecas e visitar cemiterios. Estudei Dereito e exercín algún tempo coma avogada, pero desde hai xa moitos anos dedícome por completo á literatura, profesión que me fai moi feliz. Gústanme as historias de meigas, pantasmas e do Alén Mundo. Tamén me gusta xogar a videoxogos, ir ao cine e comer xeados. Son unha lectora apaixonada, por iso me convertín en escritora. É imposible saber cantas historias me quedan por escribir; agardo que varias ducias!

Os mellores libros son os que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.

____

Editorial: TRIQUETA VERDE 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 24
TAPA DURA
INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS
BRUXAS