{"product_id":"bosco-caride-indicios","title":"BOSCO CARIDE. INDICIOS","description":"\u003cdiv id=\"main\"\u003e\n\u003cdiv class=\"node\" id=\"node-3700\"\u003e\n\u003cdiv class=\"publicacion fullnode\"\u003e\n\u003cdiv class=\"contenido\"\u003e\n\u003cdiv id=\"main\"\u003e\n\u003cdiv class=\"node\" id=\"node-3670\"\u003e\n\u003cdiv class=\"publicacion fullnode\"\u003e\n\u003cdiv class=\"contenido\"\u003e\n\u003cp\u003eA exposición de\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eBosco Caride\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(Vigo, 1963) xira ao redor de un só e único motivo: estados atmosféricos ou gasosos (nubes, fume, vapores...) que se presentan sen ningunha referencia espacial ou contexto. Para o artista, este tema é unha afirmación da pintura e relaciónase coa grande tradición da paisaxe. Turner, Constable, por citar os pioneiros, que ao igual que xeracións posteriores e os impresionistas, inspiráronse nas nubes e descubriron nelas unha dimensión plástica. En efecto, Bosco Caride traballa coidadosamente estes “estados atmosféricos ou gasosos” en tanto que composición, veladuras, cor... á fin e ao cabo, como especulación formal ou pictórica, que é un dos aspectos máis sobresaíntes da súa obra.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNon obstante, o título da exposición,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eIndicios\u003c\/em\u003e, literalmente “sinal de algo”, “índice”, introduce a idea de “algo” máis ca un simple formalismo ou unha expresión abstracta. Este algo non é visible e está oculto no cadro –ou fóra del–, pero é a causa real do “fume”, que non é outra que a explosión, o drama, o conflito, a contaminación... En definitiva, existe unha dimensión simbólica, talvez política, que dá sentido e sobrevoa a obra de Bosco Caride.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA de Caride é unha obra aberta que posúe moitos niveis de lectura porque os seus “efectos atmosféricos ou gasosos”, como a noite ou as néboas do norte para os románticos, non son unha ausencia, senón unha produción de sentido: é o mundo da suxestión ou a chave da imaxinación. Pero por riba de todo, por esta mesma razón, Bosco Caride responde á idea da arte como contemplación. El identifícase cunha tradición contemporánea que, aínda que con diferentes sensibilidades, entende a pintura como reflexión, un espazo de silencio, un dialogo cara a cara coa obra de arte.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003eCon motivo desta mostra, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, edita unha publicación que, xunto a imaxes das obras en exposición, incluirá textos do comisario, de Ignacio Pérez-Jofre, do director do MARCO e do artista.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEditorial: Marco 09-2024\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\/Español\/Inglés\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003ePáxinas: 210\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEncuadernación: Capa blanda \u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eFormato: 21 x 27 cm\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Bosco Caride, Miguel Fernández-Cid, Ignacio Pérez-Jofre, Jaume Vidal Oliveras","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53005597147483,"sku":"9788418775215","price":25.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/Bosco_200x150_9c11e017-11df-4412-8dce-2d65490555f6.jpg?v=1779127461","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/bosco-caride-indicios","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}