Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

BESTIÁRIO

€25,00
ISBN 9788412553611

 

As mellores palabras para presentar esta obra son as do propio autor dos textos, Vítor Vaqueiro: “Bestiário, como o seu nome indica, seguindo unha tradição bem conhecida, é unha representação, textual e visual, de quase meio cento de seres míticos pertencentes ao panteão imaginário galego, entre eles mouras, biosbardos, saca-untos, Coca, Urco ou trasnos. Cada dobre página consta da descrição literaria, […], feita por mim próprio, e a sua correspondente interpretação gráfica, trabalho realizado por Ánxel Huete.”

Unha obra ilustrada destinada ao público en xeral, sobre seres mitolóxicos galegos.

O artista Ánxel Huete debuxa máis de corenta figuras míticas galegas, unha fermosa representación gráfica que transita do icónico ao simbólico, abríndolle a porta a nosa imaxinación, a nosa creatividade. Vítor Vaqueiro, coñecedor destes seres, destes mundos, desde hai décadas, é quen nos conta dos seus atributos, das súas fazañas, con referencias aos seus semellantes noutras culturas como a irlandesa, a catalana ou a vasca.

O libro inclúe o limiar e o glosario (con todas as figuras acompañadas dunha síntese do texto principal) traducidos ao inglés, traballo realizado por Blanca Staton.

_____

editorial: Néspera  02-2025
Idioma: Galego / Inglés