Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

BENU ZULA E A UNICORNIA BRANCA

€17,90
ISBN 9788410324589
Benu Zula e a Unicornia Branca achéganos ás lembranzas dunha nube, chamada Unicornia Branca, que se espe para falarnos do xogo de amor, en aparencia doce e inxenuo, que mantivo cun egocéntrico ceo azul chamado Benu Zula. Tamén do fulgor do seu desexo, dos seus olores favoritos, da emoción dos moitos beixos que se deron, hoxe convertidos en auga, así como das rabuñadas con que se feriron e que aínda doen porque son mancadelas sen cicatrizar, pero, sobre todo, da angustia de non sentirse libre, porque a deles dous foi unha paixón efémera que, a pesar das doses infinitas de paixón, non foi capaz de se tornar en modelo de amor romántico, é dicir, amor capaz de sobrevivir á dimensión temporal.
O recordo, aquí catártico porque axuda a curar feridas, está construido a partir dun compendio de pequenas estampas evanescentes, que, acompañadas dunha imaxe tamén inconsistente, nos amosan algunhas das andanzas desa Unicornia Branca protagonista, que debe aprender a escapar do amor cando é gaiola e atopar de novo a liberdade.
Palabras e imaxes sinxelas froito da imaxinación, da sensibilidade e da tenrura sen couto de dous artistas, que se unen nesta obra para falar das verdades cristalinas ou labirínticas da vivencia amorosa cun ton torrencial e onírico que, redimensionando o xogo lingüístico e visual do non sense, constrúe un macrotexto reflexivo no que o amor como posesión alienante e, por tanto, inferno, se torna obxecto de reflexión e análise crítica.

____

Editorial: Medulia 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 144
NARRATIVA