Escrita dende a experiencia de quen sucou os mares e sabe dos naufraxios, das illas e das arribadas.
Un Eu feminino que se recoñece na intemperie, e que se cuestiona o mundo dende as súas arestas: o propio corpo, as perdas, o amor, as inxustizas, as violencias, a destrución da natureza… Un poemario de denuncia e resiliencia que transita no tempo e no devalar das mareas até desfragmentar as feridas e acadar o botín, “a única ganancia propia / a ganancia das derrotas”.
____
Editorial: Galaxia 10-2022
Idioma: Galego