Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

BEBÉ

€8,50
ISBN 9788413431635

Cada exemplar de Do berce á lúa é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.
Apoiándose nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, acumulación...) e en imaxes recoñecibles que destacan sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas.
“Bebé” mostra o crecemento, desde o nacemento aos primeiros pasos, así como as actividades cotiás e a familia.

____

Editorial: Kalandraka 10-2022

Idioma: Galego