Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

BAIXO AS ALAS DE ABRIL

€23,40
ISBN 9788491517177

Febreiro de 1989.

Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as consecuencias na vida dos militantes do grupo armado e dos seus achegados. Mariló rexenta o bar familiar e ten o seu irmán agonizando no hospital, onde unha visita do comisario Santos, que acaba de ser pai, vai desdebuxar os límites do convencionalmente esperable.

Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da liberdade. Unha novela de intriga policial coa que Fernández Leiceaga indaga nas raíces da sociedade
actual. Amor, violencia, nación. As ilusións perdidas acaban por dar forma á realidade.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego