Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

'AYN. O OLLO E A FONTE.

€15,00
ISBN 9788494476358
A palabra árabe عين (‘ayn) designa metaforicamente, na tradición islámica do sufismo, a dimensión interrelacional entre o humano e o divino, entre o coñecido e o descoñecido. Significando «fonte», significa tamén «ollo» e, nese senso, tal dualidade outórgalle á palabra un horizonte sémico moi apropiado para abordar certos aspectos do real e do existente humano que, sen precisarmos dun artellamento demasiado categorial, abre unha intelección da alteridade posíbel na que o ser é quen de entrar, alén da tipoloxía de discurso ou argumentario que use.

Nun conxunto de ensaios que tratan a obra de místicas medievais heterodoxas como Mechthild von Magdeburg ou filósofos islámicos coma Ibn ‘Arabi, pasando a través de brillantes pensadores coma Simone Weil ou Gilles Deleuze, عين (‘ayn). O ollo e a fonte, da filóloga e ensaísta Almudena Otero Villena, non pide outra cousa senón escoita, á maneira en que certa tradición, inscrita nas angueiras alternativas do filosófico-literario, recomenda para se achegar ás mestas urdas do mundo.

____

Editorial: axóuxere
Idioma: Gallego