Tulok e Sila saíron na súa zorra dispostos a encontrar os tuniit, unha tribo de xigantes que, segundo as historias do avó Malik, viviran no Ártico había moitos anos. Ninguén os vira nunca, aínda que encontraran algunhas pisadas enormes gravadas na neve do deserto de xeo.
Unha tormenta de neve, un alude inesperado e un encontro sorprendente levaranos a vivir unha aventura inesquecíbel. Atoparán a tribo prehistórica? Acompáñaos nesta aventura!
___
Editorial: CUMIO 09-2024
Idioma: Galego