Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AVELINO CABEZAS E OS SEUS IRMANS. UN RELATO DE NARON

€25,00
ISBN 9788411761642

Éesta “unha odisea”, unha aventura que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmáns, catro cativos e unha rapaza, nados en Narón, entre 1870 e 1878. É esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimento e éxito comercial, honesto e solidario,recoñecido polo mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870, que marchou con 13 anos ao Uruguai, para, ao pouco, establecerse na emerxente Buenos Aires. Seguiríano
os outros catro.
Foi Avelino Cabezas un empresario innovador, imaxinativo, de ideario humanista e sentido equitativo, todo un adiantado no mundo da publicidade, con escintilante éxito comercial entre o remate do século XIX e o seu falecemento en 1916, acompañado dos seus irmáns, que seguiron a súa senda ata 1936. Do seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, El Paraíso, na Córdoba arxentina, a outra, Libunca, en Narón.

ANTÓN SEOANE (Ferrol 1949). Psiquiatra, empezou a traballar no Psiquiátrico de Conxo en 1973, cando a loita da Antipsiquiatría pola que, con outros colegas, foi represaliado en 1975. Exerceu de medico rural en Trasmiras e Mondariz e retomou a súa actividade como psiquiatra en 1978 en Vigo.
Como músico, participou na creación do Movimento Popular da Canción Galega, colaborando con Rodrigo Romaní, Emilio Cao, Pilocha e Faiscas do Xiabre, entre outros. En 1978 foi dos fundadores de Milladoiro, onde permaneceu durante 35 anos.
Dende 1973 amosou a súa querenza pola zanfona, conseguindo, en 1976, darlle nova vida, en Monforte, ao modelo que usaba Faustino Santalices, sobre o que publicou unha primeira biografía, e coordinou o disco Antoloxía completa, sobre o folclorista.
Ademais de Milladoiro, foi produtor do disco I e verdade i é mentira, de Leilia, Calamidá sentimenta, de Pilocha, A volta dos nove, sobre fusilamentos franquistas en Baiona, e de Lambón, con cancións para nenos, e do tema central “Foi coma un soño”, do filme O lapis de carpinteiro, dirixido por Antón Reixa.
Tamén foi coautor do libro Conxo manicomio e morte (1977), e do libro/disco De voces Ceibes a Milladoiro (Galaxia, 2014) con 18 temas gravados ex profeso.

_____

Editorial: Galaxia 11-2023

Idioma: Galego