ATLAS LINGÜÍSTICO GALEGO VI: LÉXICO. TERRA, PLANTAS E ÁRBORES
por Librería Abrente
Agotado
€100,00
ISBN 9788416533121
O presente volume ocúpase do léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores. O material sobre o que se elaboraron os mapas que integran este volume está constituído polas 167 enquisas realizadas en todo o territorio de fala galega entre os anos 1974 e 1977 por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González.
O ALGa é un proxecto fundacional do ILG para describir a riqueza da variación xeográfica do galego moderno. Entre 1974 e 1977 tres investigadores do Instituto realizaron in situ as enquisas en 167 puntos do dominio lingüístico (152 de Galicia e 15 das comarcas galegófonas de Asturias, León e Zamora). Cubriuse un cuestionario de 2.711 preguntas, cun promedio de 4.000 formas recollidas por localidade, coas que se creou unha base de datos de case medio millón de rexistros na que se inclúe o texto das respostas e abundante información complementaria. A conexión entre esa base e un programa de xestión de información xeográfica permite a representación cartográfica inmediata de cada resposta. Publicáronse os volumes I Morfoloxía verbal (1990), II Morfoloxía non verbal (1995), III Fonética (1999), IV Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico (2003) e V Léxico. O ser humano (I) (2005). A finais de 2015 editouse o volume VI Terra. Plantas e árbores e a seguir o VII Léxico. O ser humano (II). O presente volume ocúpase do léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores. O material sobre o que se elaboraron os mapas que integran este volume está constituído polas 167 enquisas realizadas en todo o territorio de fala galega entre os anos 1974 e 1977 por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. No 2008 repetíronse as enquisas dos puntos C.30, C.35 e C.44 para completar datos do presente volume, e no 2009 tamén se completaron datos de C.29 e L.314. A información que compón este volume procede do apartado «Accidentes topográficos. O espazo e as súas relacións», que é o II da sección de léxico do cuestionario (desde a pregunta 665 á 763), e mais do apartado «Plantas», que é o V (tivéronse en conta as preguntas comprendidas entre a 1.136 e a 1.203 e entre a 1.248 e a 1.355), aínda que se engadiron algúns datos soltos procedentes doutras seccións do cuestionario.

____