Neste primeiro libro ábrese unha colección de libros especializados no proceso creativo de distintos autores de bd. Neste primeiro número Miguelanxo Prado ábrenos as portas do seu estudo para amosarno o seu método de traballo á hora de crear unha banda deseñada. Inclúe unha entrevista sobre toda asúa carreira feita por Kiko da Silva, o método de traballo dende o guión ao libro e o proceso de debuxo e coloreado dunha páxina. Así coma todo o story board completo da bd O PACTO DO LETARGO.
____