{"product_id":"asasinato-no-muino-do-cura","title":"ASESINATO NO MUIÑO DO CURA","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eTras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eVolvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece todo, agás a marca indeleble que deixou na súa vida.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eSantaclara e Araujo, coa inestimable colaboración de Sinda, a Gestapo, axudarán a Alba a desentrañar o sanguento misterio arredor do seu pasado e baterán coas sinistras irmás Freijomil, netas do cura, e coa vella historia da morte da súa sobriña Berta sendo nena, crime que nunca se resolveu.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eE así, en Loeiro, o pacto de silencio entre os veciños vai rachando ata que, nun final trepidante, faise a luz entre as sombras dun pasado cruento que implica a moitos máis dos que pensabamos.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Galaxia 04- 2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 396\u003cbr\u003eNARRATIVA\u003cbr\u003eNOVELA NEGRA\u003c\/p\u003e","brand":"Arantza Portabales","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52781978288475,"sku":"9788411765770","price":21.8,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841176577.jpg?v=1775732818","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/asasinato-no-muino-do-cura","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}