Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS TRES VIDAS DE MARÍA DE MURIAS

€19,00
ISBN 9788412840759

As tres vidas de María de Murias é un destecer.
É a historia dun dos moitos desdouros que nos fixeron sufrir. E o percurso dunhas almas desenfiadas. Un devalar tecido desde o fielmente real (agás naqueles fragmentos en que todo é invención), velaí as pedras asfixiadas entre o desvendar as vidas dos países de Miranda, Burón e Meira.
O menstruo apouvigado polo demo do espermático, que tamén sabe capar homes. Eis, así, o orgasmar da memoria que talvez nos ceibe do terror que nos implantaron. E os cristais das vidas trípices de María de Murias e Marica d’O Trobo, filla e nai, e a de Pepe Rodil, vértice masculino do que, como adoita, nin é home nin é muller. E que son, simplemente, as cores propias de todas as persoas.

Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.
Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.

Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.
Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega

Editorial: Positivas 11- 2024
Idioma: Galego
Páxinas 210