Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS ONDAS

€16,50
ISBN 9788482887227
Un clásico do século XX que engaiola a lectoras e lectores pola fondura e sutileza coa que penetra na experiencia humana.

Esta novela consegue expresar con meirande intensidade e beleza a complexidade da experiencia humana. A novela acada unha forma de narrar que racha os arquetipos literarios, descrubrindo unha linguaxe nova, aberta ás sensacións e ás emocións, pero sen perder a capacidade de reflexión, a ironía e o pulo narrativo das grandes obras. A vida dun grupo de amigos, desde a infancia ata a mocidade e a idade adulta, centra a historia que Virginia Woolf conta dunha maneira diferente e nada convencional. A escritora inglesa logra atinguir unha prosa chea de matices e tonalidades, cunha expresión sensitiva fóra do común, para condensar nunha obra de ficción a experiencia humana nas súas facetas múltiples e contraditorias.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego