Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS MISTEIRAS CORUÑESAS: LOITA E ASOCIACIONISMO NA FÁBRICA DE FÓSFOROS (1871 - 1936)

Agotado
€6,00
ISBN 8492374748
Excelente traballo sobre as características e problemas dun colectivo de traballadoras da Coruña, as populares misteiras, as mulleres que compoñían a maioría do cadro de persoal da Fábrica de Fósforos da familia Zaragüeta.

O estudio abrangue dende a fundación da fábrica ata o momento que, durante a Guerra Civil, o persoal foi despedido na súa totalidade para ser substituído por persoal depurado que previamente demostrara a súa adhesión o novo réxime. A Fábrica de Fósforos Zaragüeta foi unha das máis importantes factorías da cidade coruñesa e as misteiras constituíron un destacado colectivo laboral feminino en importancia numérica, xunto coas cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Palloza. Resulta especialmente interesante a vida sindical que desenvolvían na fábrica e, de modo concreto, as cuestións referidas ao enfrontamento entre as misteiras afiliadas en sociedades de tendencia socialista, a maioría, e as que seguían tendencias anarcosindicalistas (a dominante entre a clase obreira coruñesa). A autora, mestra e licenciada en pedagoxía, recibiu por este traballo un accesit do 1º Premio de Investigación Histórica da Fundación Luís Tilve 1998. Contén prólogo de Fernando González Laxe.      

____

Editorial: FUndación Luís Tilve
Idioma: Gallego