{"product_id":"as-malas-ideas","title":"AS MALAS IDEAS","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eElías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede. María Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: XERAIS 32-2026 \u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 244\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eFICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"María Solar","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52599429857627,"sku":"9788411107914","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841110791.jpg?v=1773666712","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/as-malas-ideas","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}