Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS JERMAINE

€17,60
ISBN 9788411761987

O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario.
Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe
 que se forma aos poucos na cubeta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que manexa quen sabe se o demo ou a xenética, e abocados a precipitarse no nada que é o futuro.
A illa de Aruba, Rotterdam e Galicia son os escenarios sobre os que van pairando
toeiros de misterios en que se contén o verde dun mar avolto herdado e que cando
rebentan só dispersan tebras e máis tebras. MARÍA ALONSO SEISDEDOS María Alonso Seisdedos naceu contra a súa vontade nunha cidade do sur de Galicia en 1961 e fíxose autónoma para ter aldea de seu. Sóñase bióloga desde a máis tenra infancia, pero acabou estudando Filoloxía na UAB e na USC.
Unha casualidade, como outra calquera, levouna en 1985 a traballar de tradutora no
eido da dobraxe e o subtitulado de audiovisuais. Desde 2018 dedícase en exclusiva á
tradución literaria, en que se estreou en 2009 coa tradución, da man da Editorial Galaxia,
de O museo da inocencia, de Orhan Pamuk, en colaboración con Bartuk Aykan, reco ñecida co premio da AELG á Mellor Tradución dese ano, e ao que seguiron outros moitos, entre os que destaca o Premio Nacional de Tradución 2014 por Ulises, de James

Joyce (Galaxia, 2013), en colaboración con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle.
Esta é a súa primeira tentativa de incursión na novela, e toda a culpa tívoa un café con
leite acompañado dunha fotografía en branco e negro antes dunha excursión polas fra-
gas de Catasós.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego