Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS FLORES DO BALEIRO

€14,00
ISBN 9788411763370

"As flores do baleiro" é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre dunha pandemia, a dor en extrema soidade. Tamén é a fraxelidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde "somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan".

Medos Romero.
(As Pontes, 1959). Diplomada en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela, como poeta publicou, entre outros, os títulos: O pozo da ferida (2006, Premio de Poesía Miguel González Garcés), A ansia do lóstrego (2012), Hortensia (2020), Peixes que esvaraban ao unísono (2020, Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas) e O sol era Ela (2021, Premio de Poesía Afundación e Premio Nacional da Crítica).

 ____

Editorial: Galaxia 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 104
Col: DOMBATE 119