Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS DÚAS CULTURAS

€12,00
ISBN 9788496530928

 

O 7 de maio de 1959, Sir Charles Percy Snow (máis tarde, Lord Snow), científico e novelista, pronunciou a conferencia anual máis prestixiosa da Universidade de Cambridge, a “Rede Lecture”. Ese ano o título da charla era “As dúas culturas e a revolución científica”, e serviu para asentar definitivamente un termo, “as dúas culturas”, que o mesmo autor xa introducira tres anos atrás como título para un artigo na revista inglesa New Statesman. O texto da Conferencia Rede converteuse en libro (The two cultures, C.P. Snow, Cambridge University Press, 1959); ese libro abriu unha longa polémica, e agora o Consello da Cultura Galega celebra o 50 aniversario da charla inicial cunha serie de coloquios-debate e coa
tradución ao galego de As dúas culturas.

_____

Idioma: Galego

Editorial: C.c. Galiga