AS DISCIPLINAS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS ONTE E HOXE
€6,00
ISBN 9788419679611
Un grupo de investigadoras e investigadores, mozas e mozos universitarios de 2023, revisitan, cen anos despois da fundación do Seminario de Estudos Galegos, o labor daqueles mozos que en 1923 puxeron os alicerces dunha construción, cultural e científica, monumental. O Seminario de Estudos Galegos pretendía atender diversos campos do saber que non eran obxecto de estudo como materia galega na universidade, tanto dende o punto de vista investigador como formativo e divulgador. Estas páxinas avalían, precisamente, o estado actual das disciplinas que constituíron as diferentes seccións integradas no Seminario de Estudos Galegos.
_____
Editorial: USC 10-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 249
LINGÜÍSTICA
FILOSOFÍA