Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS COVAS DE ACEIRO

€16,50
ISBN WP2177
As covas de aceiro é un thriller robótico publicado orixinalmente por entregas na revista Galaxy Science Fictione editado máis tarde por Doubleday como volume de seu. Trátase da primeira novela da chamada serie dos robots, e seguramente a máis completa.

A trama xira arredor da tensa relación entre dúas civilizacións: unha, a dunha Terra superpoboada, cuxos habitantes se amorean en cidades encovadas e se amosan reticentes a calquera aperturismo e sobre todo ás innovacións tecnolóxicas —a decadencia cultural é un tema recorrente ao longo de toda a obra de Asimov. A outra, a dos espacenses (individuos e robots dos Mundos Exteriores), unha sociedade avanzada que, precisamente por tal motivo, é consciente dos retos que entraña o futuro. Tras moito tempo vivindo de costas, será un estraño homicidio o feito que obrigue a ambos os bandos a cooperar, coñecerse e entenderse.O detective terrícola Elijah Baley será o guía que conduza o lector por un dos universos futuristas máis logrados da literatura de ciencia ficción. Cun estilo fluído que permite que a acción avance sen pausa e con escasos requilorios, esta novela atesoura ademais a famosa formulación das leis da robótica e multitude de neoloxismos que a día de hoxe son de uso común.

____