Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

AS CANTEIRAS DO LITORAL MOAÑÉS

€16,00
ISBN 9788415166719
Este traballo presenta unha investigación novidosa e amena sobre a actividade de extracción de pedra nos monstes de Moaña durante a primeira metade do século XX

A autora realiza un exhaustivo estudo no que non se limita a traballar coa documentación existente, senón que entrevista as últimas persoas que foron testemuñas directas do labor das canteiras. O resultado é unha obra formidable que satisfará a quen busque documentarse sobre esta actividade industrial e tamén a aqueles que gozan coñecendo a nosa historia e o noso patrimonio. Tamara Campo Táboas nace en Mos (Pontevedra) en 1989. Comeza a súa formación en arquitectura na Universidade da Coruña, estudos que complementa co Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais pola ESCRBCG. É esta vinculación coa conservación do patrimonio a que a leva paralelamente a realizar diferentes actividades vencelladas á difusión desta disciplina en xeral e do patrimonio industrial en particular. A súa investigación sobre a cantaría local do municipio de Moaña, no cal reside, resulta merecedora do Premio de Investigación Buxa 2015, concedido pola Asociación Galega de Patrimonio Industrial, e publicada baixo o título As canteiras de Moaña e outras xeiras. Do mesmo xeito culmina a súa formación efectuando prácticas en empresas galegas do sector e no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

____

Editorial: Morgante