As aventuras de Huckleberry Finn (en inglés: Adventures of Huckleberry Finn) é un libro de Mark Twain, publicado en 1885 e considerado a primeira gran novela norteamericana.
Huckleberry Finn e o seu amigo Jim foxen polo río Mississippi cara ós estados libres, onde non existe a escravitude. Porén, a viaxe estará chea de atrancos: dende asasinos ata caloteiros que porán en perigo a súa aventura.
Nesta novela (talvez a máis querida das escritas polo autor) desenvólvense temas como a escravitude, o racismo, as supersticiones, as estafas, as rivalidades familiares, os linchamentos, o alcoholismo e a natural temeridade dos nenos.
Mark Twain
A ficción de Samuel Langhorne Clemens (coñecido como Mark Twain, 1835-1910) inspírase na súa infancia en pequenas localidades de Missouri e na granxa do seu tío. Con só doce anos, tras a morte do pai, comezou a traballar en imprentas para soster a familia, e máis tarde foi piloto dun barco de vapor, ata a Guerra Civil americana. En 1867 viaxou a Europa e como resultado publicou The Innocents Abroad. Máis tarde publicaría As aventuras de Tom Sawyer e As aventuras de Huckleberry Finn, obras que lle reportarían sona mundial como autor popular de literatura xuvenil e pai da novela realista dos Estados Unidos.
____
Traducido ao galego por Moisés Barcia e Xaime Riobó Soage.
Editorial: Sushi book 09-2023
Idioma: Galego