Arthur e George nacen e medran no esplendor da Inglaterra vitoriana, pero case en mundos á parte: Arthur, nos soños cabaleirescos dunha estirpe de Edimburgo que vive horas baixas; George, entre a rectitude moral dunha familia que exerce o sacerdocio nunha pequena aldea de Staffordshire.
Tradución do inglés de Xesús Fraga
Arthur e George nacen e medran no esplendor da Inglaterra vitoriana, pero case en mundos á parte: Arthur, nos soños cabaleirescos dunha estirpe de Edimburgo que vive horas baixas; George, entre a rectitude moral dunha familia que exerce o sacerdocio nunha pequena aldea de Staffordshire. Tímido e feble, conseguirá formarse como avogado e traballar en Birmingham, mentres que o teimudo Arthur consultará como doutor antes de converterse en escritor e crear o máis famoso detective de todos os tempos, Sherlock Holmes. Dous mundos illados entre si pero que confluirán cando acusen a George dun delito que non cometeu e Arthur trate de resolver o caso. Escrita coa liberdade da imaxinación sobre o rigor dos datos pescudados, Arthur e George investiga as relacións entre a culpa e a inocencia, a fantasía e a espiritualidade, e o xeito que ten a vida de entremeterse nos soños. Julian Barnes desenterra un escuro caso real que lle serve para introducirse nos pensamentos de dúas persoas moi distantes entre si, pero que comparten a mesma preocupación polo que significa a identidade, a nación e as aspiracións vitais.

____