Ir a contenido
Gastos de envío desde 2,95€! 📦
Gastos de envío desde 2,95€! 📦

ARREDOR DO LUME

€10,60
ISBN 9788489896283

Arredor do lume dá título a unha colección de relatos que, como apunta o propio subtítulo, só podían grelar nun tempo lonxano.

Cada historia vai xurdindo así como abeirada pola anterior e ela mesma se debroca na seguinte, nun proceso facilitado tanto pola existencia do fío conductor do narrador-evocador, como pola permanente presenza, case animada, dese espacio máxico que se desenvolve cando a xente parola de vagar arredor do lume.

Os contidos poden semellar intemporais: o amor, a morte, a fortuna, o malfado, a bondade, a ruindade... Nesta ocasión focalizados pola cultura, polos valores da ruralidade do noso país.

A súa condición de atestado certeiro do rexistro coloquial é un dos seus maiores méritos. Nun momento no que tanto os usos como o léxico navegan á deriva por mor da limitación lingüística que hoxe asenta entre nós, da man dun uniformismo baleiro e de tanta expresión politicamente correcta, a lectura de Arredor do lume é un conforto.

Gravado: J. Moreno Badía.

_____

Editorial: Laiovento 1998

Idioma: Galego