Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

APOCALIPSE Z. OS DÍAS ESCUROS

€18,00
ISBN WP2067
Os superviventes de Apocalipse Z. O comezo da fin conseguen finalmente chegar ás illas Canarias, unha das últimas zonas libres de Non Mortos. Porén, o que alí van atopar é un estado militar nun ambiente de pre-guerra civil e cunha poboación sen apenas recursos para sobrevivir.

Os altos mandos deciden pór en marcha unha misión case que suicida: voar até Madrid para se fornecer de medicinas no hospital La Paz,un dos primeiros Puntos Seguros en caer e onde se almacenan por milleiros. Para levar a cabo esta misión deberán contar coa habilidade de Pritchenko como piloto.

O avogado protagonista, ao verse na obriga de acompañar o impredicíbel ucraíno para garantir o éxito da misión, terá que deixar atrás a súa querida Lucía e o seu gato Lúculo. Daquela abandonará así a relativa seguridade da illa para volver a se enfrontar aos zombis ataviado novamente co traxe de neopreno.

 

____