ÁNXEL HUETE: UNHA REVISIÓN CRÍTICA — Librería Abrente Ir a contenido

ÁNXEL HUETE: UNHA REVISIÓN CRÍTICA

por VV.AA
€28,00
SKU 9788494352928
En paralelo á exposición ‘ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica’, neste mes ven de saír do prelo o libro do mesmo nome, publicado polo MARCO e a Editorial Galaxia, que forma parte integrante do proxecto, e que está xa dispoñible para venda ao público no Museo, completando así a mostra

Dende o inicio da preparación do proxecto, considerouse que debería enfocarse nunha dobre vía —expositiva e editorial—, ambas as dúas fundamentais á hora de abordar unha retrospectiva e de achegarse á figura e traxectoria do artista, funcionando ao mesmo tempo a modo de espello social e cultural das últimas décadas. Así, xunto ao texto curatorial de Agar Ledo, comisaria da exposición e autora tamén da liña de vida ou cronoloxía incluída na publicación, o libro inclúe aportacións de Rosalía Pazo MasideManuel Pérez RúaAnxo Rabuñal e Isaac Pérez Vicente, que contribúen a contextualizar a figura de Ánxel Huete como artista, e tamén nas súas facetas de pensador, profesor, activista, teórico, vinculado a movementos políticos, asociacións, foros de opinión, e persoa comprometida co seu tempo.  



Editorial: MARCO
Idioma: Gallego