Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ANIMALFABETO

€17,95
ISBN 9788418687228

Era un día perfecto para viaxar.

Amelia, a abella, colleu a maleta, gardou a roupa e… a zoar!

Con este animalfabeto poético coñeceremos unha chea de bechos atrevidos, divertidos,coloridos. Animais viaxeiros, rebuldeiros e aventureiros cos que veremos as letras dun novo xeito.

Animádesvos coa aventura?

RECOMENDAMOS o LIBRO POR

O argumento da obra parte dos recursos literarios, fónicos e rítmicos da literatura de tradición oral: preguntas e respostas, ritmo, rima e estruturas acumulativas, moi apropiadas para as primeiras idades.

Os animais, empezando pola araña, vanse preparado para unha viaxe. Pensan nas cousas que precisan: abrigo (os animais cuxo nome empeza pola “A”), bolso (os animais coa “B”), crema para o Sol (os animais coa C)… Cando cada animal está listo, chama polos seus amigos (Abella chama pola avespa, pola Azor, pola Araña…) e van tomando asento… Así pasa con todas as letras do alfabeto, ata que ao final… empeza a chover. Descóbrese ao final do conto que se trata do ARCA DE NOÉ.

A idea é que o animal principal de cada páxina estea configurado, graficamente, a partir da propia forma da letra que lle corresponde, que sexa reconocible tanto a letra como o animal. Esta idea dános xogo para crear toda a proposta didáctica do libro, que, ademais de servir para entreter aos máis pequenos, teña unha función tanto de traballo na aula como punto de encontro para aprendizaxe e o xogo nas familias.

____

Editorial: Triqueta Verde
Idioma: Galego / Castellano