Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

AMELIA FANG 6. AMELIA FANG E OS GATICORNIOS TRAVESOS

€15,50
ISBN 9788416884995

Amelia vai ter un irmanciño! Que ilusión!

Mentres os pais andan ocupados cos preparativos, Amelia ofrécese a coidar dos adorables gaticornios da tía Lavitora con axuda dos seus mellores amigos. Será divertido e unha boa forma de ensaiar o papel de irmá maior.

Só que os gaticornios resultan ser máis travesos do que Amelia calculaba… Logrará poñer orde antes de que naza o vampiriño?

Laura Ellen Anderson

Cando non está intentando dominar o mundo ou loitando contra os monstros que comen calcetíns, Laura Ellen Anderson (Essex, 1988) é unha autora e ilustradora de libro infantil, cunha crecente adicción ó café. Así pode pasar máis horas esperta, debuxando e creando. Gustaríalle poder vivir na lúa e a súa estación favorita é o outono.

Amelia Fang é a súa primeira serie de libros e xa conta con traducións a máis de vinte linguas

____

Editorial: Sushi books 09-2025
Idioma: Galego
Páxina: 222
A PARTIR DE 7 ANOS
INTRIGA
MISTERIO 
MONSTRUOS
AVENTURAS