Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AGORA ENTRAMOS NÓS: VOCES CEIBES E A CANCIÓN PROTESTA GALEGA

€20,00
ISBN 9788445352915

O cambio político-social producido nos anos 60 a nivel internacional, repercutíu tamén, como é lóxico, na sociedade galega, onde a mocidade irrompe con forza tratando de romper cos moldes tradicionais e reformulando valores. Neste contexto, a toma de posesión de espazos, a canción substituía ao mitin, así nace en Santiago arredor do mítico ano de 1968 un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes. Este libro trata do contexto pasado e futuro arredor deste grupo.
Nos anos sesenta do século XX esperta, ou, mellor, agroma, un novo ordenamento político-social internacional. Prodúcese un profundo cambio xeracional e a xuventude irrompe con forza, rachando coa moralidade convencional e reformulando valores e actos herdados: o movemento hippie, Vietnam, a primavera de Praga, o maio francés... son síntomas dunha mocidade farta de aceptar políticas impostas. Para a sociedade galega dos anos sesenta, o xogo desenvolvíase, ademais, nunha liga de extrema complexidade, pois tratábase de loitar ideolóxica e activamente contra o aparato dunha ditadura que, malia periclitar, seguía anulando toda posibilidade de oposición ou inconformismo. Un intre histórico de aniquilación das liberdades que requiría a toma de posesión de espazos, vía na cal a canción converteuse nunha arma cargada de futuro. A música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos, xa que, entre outras cousas, substituía todo aquilo que non se podía cumprir no terreo público: a canción substituía o mitin. O 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes daba o seu primeiro recital. O que pasou antes e o que veu despois está contado nas páxinas deste libro.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA, Consorcio 05-2018
Idioma: Galego
Páxinas: 322